Arquivo para Marzo, 2010

Vía da Plata (II)

Posted in General on Marzo 31, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

A fermosura dos cruceiros galegos atopámola nos máis remotos lugares.

Vía da Plata (I)

Posted in General on Marzo 31, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O comezo en Ourense

Dennis Hopper

Posted in Cine on Marzo 27, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Soubemos hoxe que o gran Dennis Hopper atópase en estado terminal. A causa un cáncer.

Nunca esquenceremos  a Hopper naquela extraordinaria caracterización en “EASY RIDER” que tamén dirixiu, magnífica xoia do cine independente, xunto a Peter Fonda. Unha extraordinaria “road movie”, unha viaxe iniciática na pel dos dous moteiros e un extraordinario espello do que foron os 60′.

People have the power!!!

Posted in Música on Marzo 23, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Si!!!

O vindeiro 18 de xullo, Patti Smith, a nosa madriña, vai visitar Vigo nun concerto que vai resultar histórico. Sería fantástico que se aproveitase a súa visitar para facer algunha exposición coas súas fotos pero, coido, que non podemos pedir máis.

Ver:http://es.wikipedia.org/wiki/Patti_Smith

Festival Queremos Galego

Posted in Música on Marzo 22, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O 17 de abril, no Recinto Feiral de Pontevedra a partires das 19:30 FESTIVAL QUEREMOS GALEGO. Actúan: Ruxe Ruxe, Luar na Lubre, Zurrumalla, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, A Quenlla, Fía na Roca, García MC, Galeoz, Lamatumbá, Os Carunchos, Espido, Uxía Senlle, Berrogüeto e Asoc. de Gaiteiros Galegos.
CONCERTO HISTÓRICO!!!!! En breve estarán as entradas á venda.
A hora de inicio está fixada para as 19.30. No interior haberá diferentes barras con comida e bebida.


– O prezo de venda anticipada será de 10€ e o propio día de 12€.

Second en Arzúa

Posted in Música on Marzo 17, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

INVISIBLE

Janiva Magness. Unha vida como un blues.

Posted in Música on Marzo 14, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Si gustades do  blues, aquí tedes unhas pinguiñas de talento con maiúsculas. O seu nome é JANIVA MAGNESS e en abril publica novo traballo. Non vos esquezades dela.

Retazos biográficos:

De moza os seus pais suicidáronse e despois de pasar por 12 casas de adopción en dous anos, aos 16 converteuse nunha menor emancipada. A súa adicción ás drogas fixeron que entregase o seu prematuro fillo en adopción. Así, o conflicto e a confusión foron parte da súa mocidade.
Pero, como chegou a ser Janiva Magness unha das mellores artistas de blues?
Aos 14 anos atopou a salvación nun guitarrista de blues chamado Otis Rush. Unha noite de inverno, despois de facer auto-stop ao longo de Minneapolis, aterrou nun bar onde pagou dous dólares por entrar. Alí atopou o que necesitaba. A música que escoitou nese local fíxolle sentir cousas que non sentira nunca antes. A música faláballe e abríalle a alma. Fíxolle descubrir partes do seu corpo que ela descoñecía e permitiulle respirar osíxeno por primeira vez desde facía moito tempo. Esa xoven empezou a tocar blues ao longo do triángulo de Minneapolis-Chicago-Detroit.
Johnny Copeland e Albert Collins convertéronse nos seus favoritos así com o funk e o R & B. Incluso un artista que entón empezaba chamado Prince.
Aos poucos foise introducindo no blues descubrindo que non só podía cantalo senón que mesmo lle podían pagar por iso. Así, empezou a traballar como vocalista de apoio de Sounds of Blackness.
Janiva pronto substituíu os seus malos hábitos pola súa dedicación exclusiva ao blues.