Arquivo para Febreiro, 2010

Unha obra mestra

Posted in Cine on Febreiro 16, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Teño debilidade polo cine de prisións, “Fuga de Alcatraz”, “Cadena Perpetua”, “A Gran Evasión”, “O Home de Alcatraz” … todo un subxénero con auténticas obras mestras, como as que acabamos de citar.

Pois ben, a partires de agora temos que engadir unha máis, trátase de “Celda 211”, extraordinaria película de Daniel Monzón e que conta, nos seus papeis principais, cun Luís Tosar maxistral, Alberto Amann, Resines e, tamén maxistral, Luís Zahera.

Non deixedes de mirala, non vai defraudar.

P.D.-  Non fai falla que lle den o GOYA a Luís Tosar para que todo o mundo saiba que é un actor excelente.

Advertisements

Happy birthday Mr. Manzarek

Posted in Música on Febreiro 12, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

71º aniversario de Ray Manzarek, teclista de THE DOORS. Que lonxe queda aquel verán de 1965 cando, co seu amigo Jim Morrison, decidiu formar unha banda de Rock e gañar un millón de dólares. El ocuparíase da música e Jimbo faría as letras, non tardarían en reclutar un baterista, John Densmore, e un guitarrista, Robbie Krieger. A lenda daba comezo.

Derrame ROCK

Posted in Música on Febreiro 10, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Interesantísimo cartel.

Ah! Unha recomendación  O’FUNK’ILLO con Pepe Bao, un dos mellores baixos que vimos en moito tempo. Desde Jaco Pastorius coido que non se viu cousa igual (isto é unha esaxeración porque Jaco está nos altares diviños das catro cordas pero é para que vexades que Pepe é realmente bo , e cunha traxectoria musical inigualábel).

Adeus a un mito

Posted in General on Febreiro 9, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

David Barrufet despídese do balonmán. Con 40 anos, con máis de 70 títulos gañados e centos de partidos nas súas costas. A portería do Barcelona de balonmán vai quedar un pouco máis valeira. Svensson, Kasper, Peric, Losert foron algúns dos seus rivais-compañeiros no marco azulgrana, sen dúbida un dos mellores gardados na elite do balonmán mundial. Vaise un mito, como xa o son “Papitu” Perramón, Pagoaga, De Miguel ou Lorenzo Rico.

Cousteau

Posted in Música on Febreiro 7, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Hoxe, rebuscando entre os CD’s máis vellos atopei esta xoia. É un disco do ano 2000 da banda británica Cousteau. Pop sobrio, elegante e cun vocalista que non deixa de lembrarnos a David Bowie en cada tema que interpreta. Chámase Liam Mckahey.

Nos últimos anos a actividade da banda está parada, ainda que o seu vocalista parece decidido a emprender unha carreira en solitario. Unha mágoa.

Tributos

Posted in Música on Febreiro 6, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Tomámonos a licenza de coller prestada a idea do noso amigo Calros pero é que estes vídeos merecen a pena.

Vai por ti, meu.

The Day that Music Died

Posted in Música on Febreiro 3, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O 3 de febreiro de 1959 a música morreu, polo menos así o dixo Don Mc Lean no seu “American Pie“.  Ese día morreron en accidente de aviación: Buddy Hollie, Ritchie ValensJiles Perry Richardson, Jr, máis coñecido polo seu alcume de The Big Bopper. Hoxe cúmprese o 51 aniversario desa data e, como non, nós tamén nos prestamos a esa homenaxe a eses tres grandes músicos.

The Big Bopper

Ritchie Valens

Buddy Hollie

The day that music died