Arquivo para Xaneiro, 2010

Mellor aos 69

Posted in General on Xaneiro 30, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Xa postos a aumentar a idade de xubilación pois mellor que a poñan nos 69 anos. Non sei, é un número máis “sexy” e xa que nos podemos dar por fodidos, o mellor, vai ser adornalo cunha boa “posturiña”. En fin.

Davila, Faro de Vigo

Viñeta

Advertisements

Unha bandeira para Mos.

Posted in General on Xaneiro 29, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Que gran tío!!!

Véxase: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/01/28/0003_8256335.htm

Adiós, Adiós

Posted in Música on Xaneiro 28, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Los Suaves, a banda ourensana de Rock, despídese.

Vanno a facer ao grande, con novo disco e xira. Yosi e os seus rapaces ocupan un lugar privilexiado dentro do noso panorama musical. Que menos podemos facer que rendirlle esta homenaxe. Por pequena que ésta sexa.

Eli “Paperboy” Reed

Posted in Música on Xaneiro 27, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O Rock & Roll non está morto. De cando en vez aparecen novos artistas, bocanadas de aire fresco, que nos fan disfrutar, unha vez máis, desta música marabillosa.

Non fai falla estar baixo o cobixo dunha gran compañía discográfica, nin vender millón de discos para facer algo que, de verdade,  mereza a pena.

Chámase Eli Reed e non sabemos a quen nos lembra. Algo de Otis Redding, algo de Sam Cooke, moito de Jackie Wilson (eses berros, si), incluso ao mismísimo James Brown. Pero Eli é branco, non ten nada que ver cando un mamou do mellor “soul” desde ben pequeno.  Iso si, Eli é bo, moi bo, … boísimo.

Jean Simmons

Posted in Cine on Xaneiro 23, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Onte, 22 de xaneiro, morreu Jean Simmons. A inesquecíbel Varinia de “ESPARTACO” , a escrava de cara anxelical que conquista o corazón do bravo loitador.

Descanse en Paz.

Ver: http://es.wikipedia.org/wiki/Jean_Simmons

Las Consecuencias

Posted in Música on Xaneiro 22, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O novo disco de Bunbury sae á venda o vindeiro 16 de febreiro. Agardamos impacientes pola xira.

O disco titúlase “Las Consecuencias” e pouco, ou moi pouco, ten que ver co anterior “Hellville de Luxe”.

Miles de manifestantes reclaman os dereitos do galego.

Posted in General on Xaneiro 21, 2010 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Compostela, 21 de xaneiro de 2010