Arquivo para Decembro, 2009

Que “bodito”

Posted in General on Decembro 31, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

E agora, que mais lle van a consultar aos pais? A roupa que deben levar os mestres/as? Si se deben afeitar ou maquillar?

Como sempre, e en cuestións da lingua, acabamos como os borrachos: “un paso cara adiante e catro cara atrás.”

– Clarete que me dominas

Ver: Bases para a elaboracion do decreto do plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia

Accede aquí

Queremos  Galego!

Advertisements

A nosa película favorita da década.

Posted in Cine on Decembro 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

A mellor da década

Posted in Cine on Decembro 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

“O cabaleiro escuro” de Cristopher Nolan foi elixida a mellor película da década. Sen dúbida o papelón de Heath Ledger na súa caracterización de Joker tivo moito que ver. De tódolos xeitos botamos moito de menos algunhas marabillas como “O loitador”, “Gran Torino” ou “Sin City”. Que vos parece?

Verémolos no 2010?

Posted in Música on Decembro 26, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Iso esperamos todos.

Bo Nadal

Posted in General on Decembro 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Coido que ao noso ben querido irmán de sangue Calros non lle vai a parecer mal que utilicemos a súa lírica para completar esta postal.  Do que si estou seguro é que non vai dar parte á SGAE, …  nin siquera a Teddy Bautista.

Portalén é unha imaxe única e mítica, case un icono co que se identifica ao Monte do Seixo. Por iso quixémolo traer con nós. Felices Festas a tod@s.

Unímonos a este tributo

Posted in Música on Decembro 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Como non!!!

De visita obligada: http://oembigodobecho.blogspot.com/2009/12/tributo-os-resentidos.html

Nós propoñemos este tema. Xa pasaron anos e vedes que seguimos na mesma.

Pam

Posted in Música on Decembro 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Tal día como hoxe, 22 de decembro, Pamela Courson, A Raíña da Autoestrada, cumpriría 63 anos.

Pam deixounos un día de abril de 1974. Unha sobredose levouna e, con ela, o segredo da morte do seu compañeiro Jim.