Arquivo para Novembro, 2009

KISS

Posted in Música on Novembro 30, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

A vindeira primavera, visítannos os míticos KISS. Desde 42 € poderase disfrutar dun concerto cheo de efectos especiais,  Rock & Roll e dos lengüetazos do salvaxe Gene Simmons.

 

Advertisements

MUSE en Madrid

Posted in Música on Novembro 29, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Ler:

http://www.elpais.com/articulo/madrid/Bombastico/elpepiespmad/20091129elpmad_11/Tes

Ver tamén: http://www.youtube.com/user/muse?blend=1&ob=4

God Save … THE QUEEN

Posted in Música on Novembro 24, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Fai hoxe dezaoito anos morría Freddie Mercury, voz e líder indescutible do grupo QUEEN. Pódenos gustar a súa música, ou non,  pero o que está claro é que non deixou nunca a ninguén indiferente. Como líder do seu grupo, como showman e, sobre todo, como cantante.

Second en Vigo.

Posted in Música on Novembro 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

SALA  MONDO.

Sábado, 21 de novembro de 2009

SECOND + BELÖP

Belöp. Trío redondelán. Cheos de ritmo e bo humor. Son moi traballado currado a base de concertos e ensaios. Reminiscencias aos Artic Monkeys e Franz Ferdinand. “Sick me” é un dos seus éxitos.

Ver: http://www.myspace.com/belop

 

 

 

 

 

 

 

 

SECOND. Os murcianos están medrando. Fai tres anos poidemos disfrutalos en Donosti teloneando aos DEPECHE MODE. Aqueles rapaces amósanse agora máis seguros. O son segue a ser perfecto e o directo é a súa mellor arma, pero agora, dominan a escea, fan partícipar ao público, falan, improvisan, baixan do escenario e voltan a subir …  en resumo, van directos ao cumio. A música “indie”  está moi viva aquí. Second, Lori Myers, Sunday Drivers, Sidonie … son os mellores exemplos.

Isto é o que me gusta e o que quero facer.

Posted in Música on Novembro 22, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Iso dicía o gran Antonio Vega. Xa sabíamos todos dos seus problemas e as súas adiccións. Este artigo que publica hoxe o diario EL PAÍS achéganos un pouco máis á persoa, ao home. Rompe con algunha desas lendas urbanas como as que o calificaban como un tipo triste ou solitario.

Antonio y Emilio

 

Fumador empedernino

Aquí descubrimos a unha persoa que se entregaba frenéticamente a todo o que facía: compoñer, tocar a guitarra ata a perfección ou engancharse á heroína.

Ver:

EL PAÍS, Domingo 22 de novembro de 2009 (día de Santa Cecilia patrona dos músicos)

http://www.elpais.com/articulo/reportajes/Pasion/poemas/excesos/elpepusocdmg/20091122elpdmgrep_9/Tes

Antonio Vega – “Romance de Curro el palmo” (J.M. Serrat)

Análise sintáctica

Posted in General on Novembro 20, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

FARO de VIGO, 19 de novembro de 2009

GOGUE

Viñeta

O rumor colle forza

Posted in Música on Novembro 18, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Había un rum-rum na rede desde hai algúns días. Dicíase que era moi posible que os Stones, As Súas Satánicas Maxestades, saisen de xira no 2010.

Este ruxe-ruxe estaba alimentado polo feito de que o grupo de Jagger e Richards iba a ser cabeza de cartel no prestixioso festival de Glastonbury. Todo o mundo sabe que os Rolling Stones non tocan en festivais ou eventos similares a non ser que estén xirando ou preparandose para xirar.

A nova vai collendo forza  e, de feito, as entradas para Glastonbury esgotáronse rápidamente. Nonsei por que pero un brilñlo especial empeza a asomarme nos ollos.

Teremos que ir aforrando pero quizais sexa a última oportunidade de poder velos. A expedición terase que poñer en marcha.

É só Rock & Roll pero gústame!!!