Arquivo para Outubro, 2009

Queremos Galego

Posted in General on Outubro 11, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Ver: http://www.queremosgalego.org/

O Home de Negro

Posted in Música on Outubro 11, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Extraordinaria versión de Loquillo, Bunbury, Urrutia e Calamaro do clásico de Johnny Cash. Perdón, Mr. Johnny Cash.

Como non … aquí temos tamén a orixinal.

Hendrik Röver, La Iguana Club.

Posted in Música on Outubro 11, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Sábado 10 de Outubro de 2009

Ver: http://www.myspace.com/hendrikrover

CONCIERTAZO !!!

nuevas 2009 021

Alguén dixo plaxio? (II)

Posted in General on Outubro 8, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Non notades un certo aire de  familia?

Red Hot Chilli Peppers – Danny California

Tom Petty & The Heartbreakers – Mary Jane’s Last Dance

Que bo e que pouco se valora a traxectoria do extraordinario Tom!!!

Sen dúbida o señor Rick Rubin, productor dos dous temas, tería que dicir algo, non?

Alguén dixo plaxio? (I)

Posted in Música on Outubro 7, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

1º exemplo, quizais un dos máis coñecidos.

George Harrison – My sweet lord

The Chiffons- He’s so fine

A pesares disto, Harrison segue a ser o meu “beatle” favorito. Alguén que é capaz de compoñer unha canción como “Something” , ten que selo de calquera.

Unha muller sexy

Posted in Cine on Outubro 6, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Kate Beckinsale é a muller máis “sexy” do mundo para a revista Esquire.

Eu lembro, con ledicia, a primeira vez que a vin. Foi na película “La tabla de Flandes”, a versión cinematográfica da novela de A. Pérez-Reverte e que pasou con máis pena que gloria, iso si, exceptuando a presencia de Kate.


… e estas son as consecuencias …

Viñeta

Hendrik Röver en Vigo

Posted in General on Outubro 4, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Hendrik Röver, guitarrista-fundador dos extraordinarios Deltonos, visita o santuario do rock en Vigo, La Iguana Club.

Esqueletos é un disco triste, melancólico, pero non desesperado. Estamos ante unha colección de temas cantados e contados cun estilo moi cercano ao country e por un auténtico virtuoso das guitarras.

O concerto será o sábado 10 de outubro e o cántabro estará acompañado dos Sugar Mountain. Hendrik presentará en directo o seu último disco en solitario, o extraordinario “Esqueletos”. Seguro que nos deixa algunha versión dos clásicos do blues ou algún tema dos Deltonos. Así que … vémonos.


10/10/2009
HENDRIK RÖVER + SUGAR MOUNTAIN
00:00H.  | 8 / 10 €

Ver: http://www.myspace.com/hendrikrover

Descanse en Paz a “Negra Sosa”

Posted in General on Outubro 4, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Onte finou, á idade de 74 anos, Mercedes Sosa, “A Negra Sosa”, unha das mais grandes cantantes latinoamericanas de todos os tempos.

D.E.P

Ver: http://www.mercedessosa.com.ar/




Santo Estevo de Ribas de Miño

Posted in General on Outubro 1, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Templo do século XII.

Santo Estevo de Ribas de Miño