Arquivo para Agosto, 2009

Impresionante Mélissa Laveaux !!

Posted in General on Agosto 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Esa foi a única palabra que puiden dicir tras escoitar abraiado o concerto que onte ofreceu, na  2 de TVE, a xove canadiana Mélissa Laveaux correspondente á actuación que levou a cabo  o pasado mes de xullo no Festival de Jazzaldia de Donosti.

Mélissa é unha rapaza de cor, cunha figura que enche a escea en todos os sentidos porque no intre en que a ves aparecer e empezar a cantar a súa voz atrápate. Acompañada dun contrabaixista e un percusionista foi debullando un repertorio cheo de bos temas que nese marco parecían soar aínda mellor.

Nacida en Montreal de pais haitianos  emigrados, Melissa integrouse no universo anglófono de Ontario, aínda que sempre tivo presente as súas orixes francófonas e criollas. Neste cruzamento de múltiples identidades, atopou o seu camiño na guitarra e a composición, onde a base de instinto transformou todas estas influencias en algo novo, único e contemporáneo. Xa digo que foi toda unha revelación. Non vai a ser fácil atopar material por aquí pero seguro que a “mula” vainos a axudar. Por certo que en Outubro estará en Ferrol. Algo haberá que facer, sobre todo porque aquí parece que estamos fora de circulación.

Ver e escoitar: http://www.myspace.com/melissalaveaux

Ferrol, 3 de outubro de 2009 – Teatro Jofre

Melissa Laveaux Melissa Laveaux

Algunhas opinións sobre o seu disco de debut:

No seu celebrado disco de debut Camphor & Copper (Non Format! / Universal, 2009), Melissa Laveaux impresiona polo equilibrio entre madurez e frescura, polo impacto poético das súas letras, e por unha voz que se desprega majestuosa e fráxil, profunda, sensual e deliciosamente xuvenil, mentres se pasea con soltura entre o francés, o inglés e o criollo. Unha das grandes sorpresas do ano.

Melissa Laveaux

Encántame esta voz !!!

Advertisements

Oh, Brother!

Posted in General on Agosto 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O prometido é débeda e díxenlle a meu irmán que lle ía a dar os seus cinco minutos de fama ao que todo o mundo ten dereito, tal e como dixera Andy Warhol. Así que … aquí o deixo.

Para que non se sinta “sozinho” imos a poñerlle unha canción que sei que lle gosta.

IMG_1147

U2“Misterious Ways” (subtitulada en portugués)

50 aniversario de Astérix

Posted in Libros on Agosto 27, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Uderzo prepara a edición do especial 50 aniversario das aventuras do heroe galo e o seu fiel colega Obélix. Xa quedan lonxe os tempos en que no instituto do Porriño, o profesor Ferro Ruibal recomendábanos á lectura destes álbums en latín. Panorámix, Ordenalfabétix, Esautomátix … e a marmita de poción máxica.

Que tempos!!

Kind of blue

Posted in General on Agosto 26, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Sen dúbida o mellor disco de Miles Davis, sen dúbida o disco que cambiou o jazz. Unha obra mestra na que Miles está acompañado por John Coltrane, Bill Evans, Wynton Kelly, Paul Chambers, Jimmy Cobb e Cannonball  Aderley.

Miles Davis fíxose músico tocando a trompeta en escuros clubes de jazz e doutorouse coa banda de Charlie Parker (indispensable o visionado da peli de Clint Eastwood “Bird” cun impagable Forest Whitaker).

Xa fai dezaoito anos que Miles nos deixou prematuramente pero unha vida chea de excesos é o que ten.

“Kind of  Blue” cumpre o seu 50 aniversario pero  … será eterno.

Ver: Biografía de Miles Davis

http://es.wikipedia.org/wiki/Miles_Davis

Unha foto

Posted in General on Agosto 25, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

A comezos deste mes recibín un correo dunha moza chamada Emma Williams, editora das guías de viaxe Schmap e que estaba a traballar na oitava edición da adicada á cidade de Roma. A sorpresa foi a petición me facía para cederlle unha foto que eu fixera hai dous veráns do obelisco situado na Praza de San Pedro, na Cidade do Vaticano, e que tiña “colgada” en Flickr.

Non hei de negar que o meu “ego” de fotógrafo principiante fíxome sentir compracido polo que pedía, agora ben, a sorpresa aínda me durou varios días.

Hoxe recibín a maqueta do que será a nova edición e … que queredes que vos diga! Mola ver o teu nome ao pé dunha foto aínda que, como lle dixen a Emma, a min non era a que máis me gostaba pero …

Esta é a miña fotiño.

San Pedro, El Vaticano. Agosto de 2007 por ti.

Cámara: Nikon D40
Exposición: (1/250)
Aperture: f/8
Lente: 24 mm

E estas do Trastévere eran unhas das miñas favoritas.

Roma. Agosto de 2007 por ti.

Cámara: Nikon D40
Exposición: (1/250)
Aperture: f/8
Lente: 55 mm

Trastévere.Roma

Cámara: Nikon D40
Exposición: (1/125)
Aperture: f/5.6
Lente: 55 mm

O mellor gaiteiro do mundo

Posted in General on Agosto 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Cogallo da celebración, en Soutelo de Montes, da trixésima edición da Festa do Gaiteiro, rendimos honra a don Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, sen dúbida o mellor gaiteiro do mundo.

Ver:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Avelino_Cachafeiro

http://www.terrademontes.com/persoeiros/gaiteiro.htm

Alborada “Rosalía de Castro”

Topónimo

Posted in General on Agosto 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

monte do seixo bágoas de san lourenzo