Economía Sumerxida

Isto da crise non é novo. Hai vinte anos, Antón Reixa e Os Resentidos, xa nos daban algunhas claves para saír de situacións agónicas como as que nos toca vivir hoxe en día.

A aparición dos Resentidos foi unha bocanada de aire fresco dentro do panorama musical deses anos. Letras inxeniosas e mordaces, envoltas nunha música que soaba excelente e na que se mesturaba, sen pudor, as guitarras eléctricas e as gaitas.

Os Resentidos foron no comezo: Antón Reixa, Javier Souto e Alberto Torrado (Siniestro Total). Posteriormente Souto deixou o grupo e foi substituído por Xavier Debesa.

Deixar un comentario