Arquivo para Xuño, 2009

Leonard Cohen en Vigo

Posted in General on Xuño 30, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Case non quedan entradas para o concerto do 13 de Agosto no parque  de Castrelos. Non se deben deixar de lado oportunidades como esta.

Advertisements

A púa de Ronnie.

Posted in General on Xuño 30, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Porto, 12 de agosto do 2006.

The Rolling Stones están a piques de rematar a que vai a ser a súa única actuación na península. Dan os derradeiros acordes a  Satisfation, o seu himno e coa que sabemos de antemán que se despiden. Enfeitizado asisto ao despregue de medios que fai a banda, así como aos alardes de Keith Richards  e Ronnie Wood coas súas guitarras. Ronnie descúbrese como extraordinario lanzador de púas, que pasan como auténticos misís sobre as nosas cabezas.

Teño sorte, co seu último acorde lanza a púa cara a donde estamos nós. Os tempos de gardarredes fan que o preciado obxeto de desexo descanse na miña man. Síntome satisfeito. E aquí está a proba.

tomarroblog 010

Non hai liñas no horizonte.

Posted in General, Música on Xuño 30, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

U2 comeza hoxe en Barcelona a súa xira mundial. Coñezo a un que estará ao pé do escenario hoxe, o xoves, e logo vai repetir o día 9 en Milán. A iso se lle chama fidelidade, sí señor!

El escenario de U2 en el Camp Nou

A posta en escea é espectacular.

Universidade de portas abertas

Posted in General on Xuño 29, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

luns, 29 de xuño de 2009. Campus da universidade de Vigo

tomarroblog 011

O polvorín de Centroamérica.

Posted in General on Xuño 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Golpe de Estado en Honduras.

O presidente Zelaya deportado polo exército a Costa Rica.

<h2>El Ejército expulsa al presidente Zelaya</h2>

Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010.

Posted in Libros on Xuño 28, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

PRANTO POLO CHÉ

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

As aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.

10 noite
10/10/67

Xan Carallás

Posted in General on Xuño 27, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O Grupo de teatro “Disonada” presenta, hoxe e mañá,  no Multiusos da Xunqueira a zarzuela galega “Xan Carallás”. A obra está baseada na lenda popular redondelá sobre o fundador da vila.

“Aquí fas quen sempre fas;

aquí fas quen sempre vela;

aquí fas Xan Carallás,

fundador de Redondela.”

A adaptación teatral foi escrita  por Xesús Cameselle Ben, quen ademáis exerce como director.

Una leyenda convertida en zarzuela

Ver: http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2009/06/25/0003_7807458.htm