Arquivo para Maio, 2009

Felicidades Mr. Eastwood

Posted in General on Maio 31, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Hoxe, 31 de maio, o Sr. Eastwood, Clint, cumpre 79 anos. E os cumpre en plena forma como demostrou coas súas derradeiras obras.

Non se me ocorre nada mellor para celebrar esta efeméride que facer un repaso, durante esta semana, ao máis destacado da súa filmografía. Así que propoño …

Luns.-  “Dirty Harry” de Don Siegel. Para empezar ben.

Martes.- “The Outlaw” de Clint Eastwood. Fantástico western.

Mércores.- “Mystic River” de Clint Eastwood. Impagable Sean Penn.

Xoves.- “Escape from Alcatraz” de Don Siegel. Unha das mellores películas carcelarias xamais flimadas.

Venres.- “Bird” e “Unforgiven” de Clint Eastwood. Enorme, impagable Forest Whitaker no papel de Charlie Parker. 

Sábado.- A triloxía do dólar de Sergio Leone. Así, dun tirón, as tres.

Domingo.- “Million Dollar Baby” e “Gran Torino” as dúas do Sr. Eastwood. Impresionantes.

Advertisements

Un lavado de cara

Posted in General on Maio 30, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Que vos parece a nova cara que ten o blog? Xa levaba un tempo barallando esta posibilidade pero gustábame o aspecto sobrio que lle daba a cor vermella.

A chegada do bo tempo parece que fai que nos animemos un pouco máis, de ahí que queiramos darlle  a este caderno unha pouquiña de cor.

Bueno agora tedes que dicir vos o que vos parece. Si preferides a sobriedade ou as cores que nos da esta paisaxe galega que eleximos como fondo. As nosas Cíes. Ah! si tedes unha alternativa facérnolo saber e cambiamos, ok?

Depeche Mode de novo na carretera

Posted in General on Maio 29, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Tras cancelar algúns concertos do seu Tour of the Universe, o grupo inglés voltará de novo aos escenarios o próximo 8 de Xuño en Leipzig (Alemania).

As probas médicas ás que foi sometido o seu cantante Dave Gahan, revelaron un pequeno tumor na vexiga. O tratamento parece ser que foi efectivo e semella que o mal xa está totalmente erradicado, aínda que Gahan ten que descansar ate ese día.

Esperemos que xa esté todo resolto e o próximo día 11 de xullo poidamos disfrutar da súa música en Porto.

Riders on The Storm Band

Posted in General on Maio 27, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Venres 29 de maio na Sala A (Vigo). Entradas 20 €

Ver:

http://www.salaa.es/

http://www.breakpoint.es/es/sala_a.htm

Escoitar música de THE DOORS sempre vai a merecer a pena.

Maggie M’gill

Posted in General on Maio 26, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Mirade que levo anos escoitando cancións dos DOORS pero, podédesme crer, nunca ouvira, ata hoxe, unha versión tan espectacular dun tema de Jim Morrison e os seus compañeiros Krieger, Manzarek e Densmore.

O grupo chámase The Unknow Soldiers e soan realmente ben. Si queredes podedes comprobalo.

(Non sei si Riders on the storm band, que están en Vigo este fin de semana, o van a facer como estes)

Roteiro polo Monte do Seixo (24/05/2009)

Posted in General on Maio 24, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Ao final resultou unha boa experiencia. O día non axudou moito pero, polo menos, non nos choveu.

Comezamos con moita néboa e frío pero a medida que íamos camiñando a climatoloxía quixo botarnos unha man. A néboa desaparecía por momentos, quizais para que poidésemos ver as marabillosas paisaxes, e para animarnos a voltar. Estou ben seguro que o de hoxe foi unha proba que o Monte do Seixo nos quixo propoñer. É como si quixera amosarnos a súa beleza pouco a pouco, non toda de golpe. Con iso asegúrase de que voltaremos nun prazo breve de tempo.

Curiosamente a néboa pechada impedía que se poidesen ver os aeroxeradores que ocupan,  indiscriminadamente, unha gran parte do monte sin respectar ese espazo natural, ese marco incomparábel ou os recintos sagrados que foron dos antigos poboadores do monte. 

Véxase tamén:

http://oembigodobecho.blogspot.com/2009/05/o-monte-do-seixo-convoca-as-hostes.html

monte do seixo 2009 005                                           A Cruz do Seixo. (24/05/2009)

monte do seixo 2009 010                                      Portalén. (24/05/2009)

monte do seixo 2009 008

Portalén, desde a Cruz do Seixo,  asomando entre a néboa. (24/05/2009).

Trece

Posted in General on Maio 23, 2009 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Así é como a chama o Dr. House e, desde ese día, pasou a ser o noso número favorito.

Antes adorábamos a doutora Cuddy pero agora bebemos os ventos por Olivia Wilde, ou Trece, como vos queirades.

olivia1