Arquivo para Decembro, 2008

Feliz 2009!

Posted in General on Decembro 31, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Desde este blog só queremos desexarvos unha feliz despedida e entrada de ano. Que o mellor do 2008 sexa o peor do 2009. Unha aperta a todos.

                     feliz-2009

Advertisements

O vixía cumpre anos.

Posted in Libros on Decembro 30, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Jerome D. Salinger, un dos escritores máis influentes de Estados Unidos, cumpre anos este vindeiro xoves. Sumido nunha reclusión voluntaria que el mismo elixiu desde os comezos da súa carreira, e sen publicar  desde hai máis de catro décadas. -“Gústame escribir. Amo escribir”-, dixo Salinger  nunha das súas raras entrevistas concedidas.- “Pero escribo só para min mesmo, e para o meu pracer”-. O autor de “O Vixía entre o Centeo” cumprirá 90 anos e pode presumir de que a súa obra continúa a vender máis de 250.000 exemplares ao ano. 

Para conmemorar a efemérides non se me ocorre nada mellor que poñer un tema de John Lennon. Curioso, non?.

(John Lennon foi asasinado por Mark David Chapman o 8 de decembro de 1980. No momento da súa detención, Chapman, levaba o libro de J. D. Salinger  “O Vixía entre o centeo”. Na súa posterior declaración á policía dicía ser a reencarnación de Holden Cauldfield).

Once upon a time in the West. (Sergio Leone)

Posted in Cine on Decembro 30, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Onte a TVG deleitounos, case na madrugada, cun deses filmes que, ainda que os teñamos memorizados, revisionamos unha e outra vez.

Esa película era “Once upon a time in the West” ou “Ata que chegou a súa hora” do maestro Sergio Leone que a dirixiu en 1968, con Henry Fonda (impagable como o malvado Frank), Charles Bronson, Jason Robards e Claudia Cardinale (fermosísima) nos seus papeles principais.

Tras finalizar a “Triloxía do dólar” Leone iniciou outro proxecto que iba a rematar coa extraordinaria “Érase unha vez en América”, entre ambas habería de facer “Agáchate maldito” que pasaría un tanto desapercibida.

Para a banda sonora, Leone, chamou unha vez máis a Ennio Morricone e si nas anteriores colaboracións entre ambos, a música era un elemento capital, aquí é un personaxe máis. Case poderíamos decir que estamos ante un musical. A banda sonora baséase en tres “leit-motiv” que ilustran a esencia dos catro personaxes principais: Harmónica, Jill, Frank e Cheyenne. A  aparición de cada un deles está acompañada do seu fragmento musical propio. Jill (Claudia Cardinale) leva con ela o tema central da película “Once upon a time in the West”, Cheyenne (fantástico Jason Robards no papel de bandido pero con bo corazón) vai acompañado do tema titulado “Farewell to Cheyenne”, unha peza que garda un parecido máis que notable cos temas principais que ilustraron a Triloxía do Dólar (sobre todo co tema de Joe en “Por un Puñado de Dólares”). Morricone utiliza un banjo para ilustrar o trotar tranquilo de Cheyenne montado no seu cabalo  mentres que un divertido piano acompaña ao instrumento de corda para reforzar o ton sosegado do personaxe. A inclusión duns asubíos  demostra que esta peza é a que máis se asemella a anteriores traballos do seu autor. É un corte tremendamente apaciguador. Tanto que, aínda que vexamos (que en realidade non se ven en ningún intre da película, simplemente se lle supoñen) a Cheyenne  cometer actos reprochables, a súa peza musical advírtenos de que non é un mal tipo.

O terceiro gran “leit-motiv” da banda sonora é aquel que une ao asasino Frank (Henry Fonda) co misterioso home da harmónica (Charles Bronson).  Morricone crea un tema que non ilustra tanto a esencia dun personaxe como a relación que se establece entre dous ou máis individuos e que ten que ver cun pasado remoto. É certo que no tema podemos discernir un tema que se supón que está dedicado a Fank e outro a Harmonica. Con todo, no filme o tema é inconcibible se non están presente na pantalla os dous personaxes dunha maneira ou outra. Contundente, maxistral e inesquecible, a forza duelística de este tema foi tan grande que case eclipsa ao tema central da película.

“Man with a Harmonica” iníciase co agonizante son dunha harmónica, instrumento que durante todo o filme toca o personaxe interpretado por Bronson. Utilizada en cada momento do filme no que aparece Bronson, a harmónica e o seu inconfundible son teñen un obxectivo moi determinado nesta peza: ilustrar mediante a música o pranto aflixido e profundo dun home impertérrito que é posuidor dun triste pasado do que vamos a descubrir que Frank ten importancia vital. A obsesiva vinganza de Harmonica, un personaxe misterioso e moi, moi sutil, entronca coa contundencia salvaxe de Frank. A esencia deste asasino é ilustrada por unha contundente guitarra eléctrica distorsionada que acompaña ao pranto armónico nunha inevitable cara a cara onde Frank tenta atopar respostas mentres que o seu opoñente pretende consumar unha vinganza que leva planeando hai demasiado tempo na recámara do seu corazón.  A carga emotiva de “Man with a Harmonica” é de tal envergadura que  queda como un dos mellores temas duelísticos de Ennio Morricone xunto ao son da caixiña de música en “A morte tiña un prezo” e o duelo entre os tres protagonistas de “O BO, o Feo e o Malo”. (É a miña opinión).

Á marxe da música e a súa importancia é de destacar o inicio da película, a escea na estación de tren de Flagstone, na que tres pistoleiros (Jack Elam, Woody Strode e Al Mulock) agardan a chegada dun tren no que ven un home ao que pretenden matar. Ese home é Harmonica.

Non hai música, os únicos motivos musicais son unhas pingas de auga, unha mosca, e o chirrido dun letreiro metálico mecido polo vento. É unha sinfonía martirizante, pero os tres homes non parecen inmutarse.
Ninguén se move, ninguén fai nada. Tan só esperan.
Finalmente, parece que chega o tren.
Lentamente, entra o convoi na estación. Fume e chasquido dos freos. Un home baixa.

Os tres tipos saen do seu letargo, xa non hai que esperar máis.
Silencio.
O tren divide ao grupo dos tres homes do recentemente chegado.
Ao cabo duns instantes, o tren sae da estación, deixando o campo visual libre para que os homes poidan ver a Harmónica.
Soan unhas notas musicais. É a harmónica que dá nome ao protagonista.
Os personaxes míranse. Todos sabemos o que vai ocorrer. Alguén vai morrer.
Os segundos alónganse. Seguen estudándose, medindo as súas intencións coa mirada.
Os homes disparan. Harmónica tamén.
Caen os tres tipos. Xa non terán que esperar máis.
Entran os títulos de crédito.

A primeira escena de “Ata que chegou a súa hora” ofrece unha meticulosidade, un coidado polo detalle por parte de Leone que raia a obsesión; a súa intención, máis aló de ofrecer un producto realista históricamente, é gravar a cincel na memoria do espectador cada imaxe, cada plano, cada un dos obxectos que aparece no cadro , partes dun todo que alterna a violencia coa beleza, ou mellor, achega a violencia á beleza.

“Once upon a Time in the West”, e esta primeira escena é a mellor proba, representa a forma máis manierista deste drama de Sergio Leone,  súa exasperante lentitude, a súa estilización e ritmo visual, os primeiros planos de rostros curtidos, cincelados e, en suma, a lectura cruel, decadente á vez que elexíaca  do Oeste americano.

Ata que chegou a súa hora , e esta primeira escena é a mellor proba, é a forma máis manierista do drama operístico de Leone, o seu exasperante lentitude, a súa estilización visual, o ritmo visual, os primeiros planos de rostros cincelados e, en suma, a lectura cruel, decadente á vez que elegíaca e sublimada do Oeste americano.

onceuponatime22

Os que nos deixaron.

Posted in Cine on Decembro 29, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

O 2008 está a piques de rematar e, hoxe, queremos traer a esta páxina a algúns dos personaxes que nos deixaron durante o ano. Lóxicamente sería imposible achegar aquí a todos e cada un dos que se foron pero o que si vamos a facer e traer a algúns dos máis importantes para o noso blog. Paul Newman, Charlton Heston e Rafael Azcona.

Dous actores e un guionista excepcional. Entre os tres podemos citar algunhas das películas máis importantes da historia do cine: “Ben-Hur”, “O Cid”, “O planeta dos Simios”, “O Golpe”, “A Lenda do Indomable”, “Marcado polo Odio”, ” O Buscavidas”,  “O Verdugo”, “O Cocheciño”, “A Vaquilla”, “A gran Comilona” ou a recente “Os xirasoles cegos”. Películas que divertiron, divirten e divertirán a múltiples xeracións. 

Tamén nos deixaron no 2008, Sidney Pollack (“Memorias de África”) e o australiano Heath Ledger (impagable JOKER na última entrega de Batman).

THE DOORS – “Riders on the Storm”

Heroes

Posted in General on Decembro 28, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

É certo, uns auténticos heroes fomos onte todos os que aguantamos case trece horas traballando no noso Marathón 2008.  Para todos aqueles que estiveron, e fixeron posible o bo desenvolvemento da actividade, só podo dicir … GRAZAS.  Se o ano próximo repetimos trataremos de facelo mellor, prometido.  O devandito, grazas e felicitacións a “OS PEQUENOS”.  Eles xa saben…

David BOWIE .- “Heroes”

Felicitacións Navideñas (IV)

Posted in General on Decembro 27, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

The Jackson Five .- “Santa Claus is coming to Town”

Grandísimo Michael Jackson.

Felicitacións Navideñas (III)

Posted in General on Decembro 25, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

“Merry Christmas Darling”-The Carpenters

 

Karen Carpenter é, para min, unha das  mellores voces da historia da música moderna. Non vamos a falar aquí de como foi a súa vida, a súa traxectoria ou como foron os seus últimos días de vida por culpa da anorexia. Simplemente pechade os ollos e deixadevos levar por esa voz, simplemente … irrepetible.

 

Seguramente esta outra canción vai a resultar máis coñecida.