Arquivo para Novembro, 2008

The Dandy Warhols (IV)

Posted in General on Novembro 30, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

The Dandy Warhols. “Good Morning” – Come Down (1997)

 

Seguimos coa selección musical dos Warhols. A ver que vos parece esta peza seleccionada do seu álbum do ano 97 “Come Down”. Nela vemos como Taylor – Taylor intenta achegarnos ao seu mundo de soños cunha música envolvente, casi sicodélica. Simplemente temos que sentarnos, pechar os ollos e deixarnos levar. Cada un pode soñar co que queira. 

 

Hoy no estamos para conversaciones …

Posted in General on Novembro 29, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Mal día hoy. Frío, lluvia, “palma” el Madrid … nada puede salir peor, por eso hoy nada de conversación y a ver si buscamos algo más de acción. Lo que mejor nos puede sentar es escuchar al Rey. 

 

  ELVIS PRESLEY: “A little less conversation”

Citas de cine.

Posted in General on Novembro 28, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Clint Eastwood:

 

Harry el Sucio (Don Siegel): – “Alégrame el día”. –

clint_eastwood

El Bueno, El Feo y El Malo  (Sergio Leone): – “El mundo, Tuco, se divide en dos: los que cavan y los que       disparan. Yo tengo el arma, por lo tanto, tú cavas” -.

feo

Por un puñado de dólares  (Sergio Leone): -” A un lado están los Rojo, al otro los Baxter. En el medio, estoy yo” – .

pugnodollari_big2

Operación San Gennaro

Posted in Cine on Novembro 27, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

No verán de 2007 atopabámonos en Roma. Despois dun día de moito camiñar e moito calor retirámonos ao hotel a descansar. Por casualidade puxemos a tele e deuse a circunstancia de que empezaba unha película. Nada máis empezaron a saír os créditos decidimos vela enteira, e iso que era en italiano. Que fortuna a nosa! Unha comedia das de sempre, gozamos desde o inicio até o final. Nada máis chegar a Vigo, o primeiro que fixemos foi poñer a “mula” a traballar. En tres días tiñámola!

O argumento xa é, de por si, disparatado. Unha banda de ladróns americanos desprázase a Nápoles para tentar cometer un dos maiores roubos da historia: O tesouro de San Gennaro, Santo Patrón da cidade de Nápoles e obxecto da devoción popular. Para levar a cabo o seu málefico plan contactan cun “mafiosillo” local  Eduardo Girasole, máis coñecido por Dudú, papel interpretado magnificamente polo xenial Nino Manfredi. Éste, á súa vez, ten que por o plan en coñecemento do auténtico xerarca dos maleantes napolitanos, don Vincenzo, quen dirixe desde o cárcere todo o armazón da parte sinistra da cidade. O papel de don Vincenzo está interpretado por Totó nunha curta pero fantástica creación.

Decídese que o día do atraco será o mesmo que o da celebración do “Día da Canción Napolitana” certame musical que se sabe vai acaparar a atención da cidade. Se ata aquí a tráma era viva, mordaz e áxil, a partir deste momento os acontecementos precipítanse e a acción é desternillante. Non quixera desvelar máis porque sería restar emoción e risas a quen queira gozar dunha comedia das de sempre. Non sei por que pero un sempre se imaxina que unha cidade como Nápoles ten que ser así, con habitantes como Dudú ou don Vincenzo, capaces de tentar roubar ao santo ao que acabar de ir pedirlle unha “axuda” como que Eusebio (o fantástico futbolista portugués) fiche polo Napoli.

A película foi dirixida por Dino Risi en 1966. Os seus principais intérpretes son:

Nino Manfredi, Senta Berger (fermosísima), Harry Guardino, Totó e Mario Adorf (xenial lugartenente de Dudú).

O que nesta cinta ofrécesenos é unha comedia fresca e desenfadada, sen outra pretensión que  divertir e facernos pasar un intre moi agradable,… que xa é bastante.

dx2

Nino Manfredi

The Dandy Warhols. (III)

Posted in General on Novembro 26, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

The Dandy Warhols. “Hell bells” (AC/DC cover) .- The Black Album

 

Se por algo se caracteriza unha boa versión é porque nos deixa un pouso, unha pegada; algo distinto ao que nos achegou no seu intre o tema orixinal. Iso é o que ocorre con esta margnífica versión que os Warhols fixeron do clásico dos australianos AC/DC. Creo que nin os mismísimos irmáns Young esperaban algo semellante. A canción parece nova. A antítese á potente voz de Brian Johnson é a, case susurrante, de Courtney Taylor-Taylor. Non hai solos de guitarra, simplemente un punteo acústico e unha trompeta hipnótica que repiten o clásico riff de Angus unha e outra vez. Respírase rock psicodélico por cada poro da canción. É, ao meu entender, unha delicia. Estes son os auténticos Dandy Warhols, un grupo “indie” dos máis representativos, antes de que a Capitol quixese convertelos en grupo pop. Grazas a Deus non perderon a súa idea.

 

Una gran noticia!

Posted in General on Novembro 25, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Tengo que hacer un paréntesis en el blog para dar dos grandísimas noticias, las dos en forma de concierto y las dos aquí, muy cerquita. 

En orden cronológico, el primero será el que van a dar Los Deltonos en la Sala Capitol (Santiago) el Rythm & Blues español, de nuevo aquí.

El día 11 de diciembre en Vigo en la Sala Mondo estará el gran Quique González. Desde luego no hay mejor regalo de Navidad. A ver si Iván Ferreiro se deja caer por allí.

Quique González & Iván Ferreiro – “Vidas Cruzadas”

Wile E. Coyote

Posted in Cine on Novembro 25, 2008 by E. D. LAR/AUTOSLAR

Normalmente pensamos que os personaxes de debuxos animados están baleiros e carecen de contido. Iso é un erro.       wile-e-coyote
Pensemos nun intre no grandísimo Wile E. Coyote, protagonista de interminables persecucións no deserto americano. O argumento da trama é tremendamente sinxelo: o coyote famento tenta utilizar toda a súa intelixencia e recursos para cazar a un paxaro despreocupado e incriblemente rápido. Por moito que se empeñe, o coyote xamais consegue o seu obxectivo, e vese abocado a un fracaso tras outro. Isto sucede básicamente con explosivos ou con caídas desde alturas notables, amén de atropelos e múltiples accidentes varios. 

É unha batalla eterna, a do coyote; que sempre perde. É a eterna batalla de Sísifo que sube  a pedra ao monte para vela despois caer, e así unha e outra vez. A pesar de perder sempre, o coyote volve á carga, non se rende, a súa forza mental é insuperable. A man do debuxante concibiu para el un destino de sufrimento absurdo e,  moitas veces, patético. A arrogancia despreocupada do correcamiños tradúcese nunha burla sádica cara aos seus intentos errados. Nembargantes o maior inimigo do coyote é o súa incapacidade para conseguir o éxito non o veloz paxaro. 

O correcamiños non é intrisecamente malo: non dana directamente ao coyote, e non ten malicia. A súa mirada é pura, mesmo estúpida, como as súas intencións. O correcamiños non fai máis que comer e correr, escravo do xogo fantástico e do espectáculo que protagoniza. Pero el non o sabe, mentres o coyote si. Tampouco podemos atribuír maldade ao coyote, que é mero intérprete dos seus impulsos esfameados. É un Carpanta que debece por levar á boca un anaquiño de polo. O coyote, limitado en velocidade, non desexa asumir unha condición de perdedor, e para iso utiliza a súa intelixencia, e as máquinas da afamada marca ACME (que marabilla de aparatos). Máquinas a miúdo defectuosas que conseguen resultados desastrosos. O coyote é un gran  consumidor, pero confiado, e esta mesma confianza que deposita na tecnoloxía, convérteo nunha vítima. 

En certo xeito o coyote é un fanático. Pero, non o somos todos? Seica non perseguimos un ideal? O ideal do coyote é alcanzar o correcamiños. Romper a barreira das súas lentas pernas e abrazar por fin a súa presa. Por isto mesmo, o coyote xamais o conseguirá, pois a persecución é toda a súa vida. A súa vida ten sentido mentres persegue ao Beep-Beep do demo. Si algún día conseguise coller o correcamiños. Que faría despois? Como se sentiría? Seica non se vería enfrontado ao baleiro? A quen perseguiría logo? 

O coyote non é ninguén sen a súa persecución. 

É por este motivo que todos nos identificamos co coyote. O coyote somos todos. Non estamos sempre loitando por conseguir unha meta? Sexa cal sexa o noso ámbito de traballo. Ou non nos pasa a nós, colegas do ensino?

Quén de nós non se sentiu algunha vez identificado con Wile E. Coyote?

 

Só quero decir que o mellor que fixo o correcamiños foi inspirar esta canción: “Roadrunner”- The Animals. Grande, Eric Burdon!